30.1.12

Ataque Escampe destrozará "Música feliz" no tributo aos Resentidos


Logo de Violentos anos dez, Ataque Escampe prepara o penúltimo xiro sonoro na súa carreira. Esta semana revisitamos "Música feliz" d'Os Resentidos. Imos cos zocos sucios e directas á neveira.

A nosa versión de "Música feliz" fará parte do disco de homenaxe á banda viguesa, que levará por título A tribo toda baila e reunirá a preto de 20 grupos da escena galega actual. En principio verá a luz a comezos de maio.

Pois iso, que veña Antón Reixa e nos baixe a hostias.